Cantos na Maré 2013 VVAA
Décima edición da cita anual da música da lusofonía que, desta volta, ten un aquel de conmemoración ao se facer a primeira década de existencia. Para o festexo, Chico César regresa do Brasil despois de ter sido o primeiro director artístico do encontro que nacía hai dez anos ideado por Uxía, o grande elo da música galega, brasileira, portuguesa e africana unida pola pertenza á lusofonía.
De novo algúns dos máis relevantes artistas dos tres continentes volven xuntarse en Pontevedra nunha festa única á que están convidados Rui Veloso de Portugal, Chico César do Brasil, Cheny Wa Gune de Mozambique e Sés da Galiza. Canda eles, unha banda formada por Paulo Borges (Açores), Berg (Portugal), José Manuel Díaz (Cuba), Quiné (Portugal) e Sérgio Tannus (Brasil) aseguran a calidade musical do encontro.
Genero: | World Music |
Fecha: | 12/01/2013 |
Discografica: | Casa de Tolos |
| |